O Ballet Clásico Internacional subirá ao escenario para volver interpretar o clásico O lago dos cisnes.

O Lago dos Cisnes, a xoia do ballet clásico universal, mergúllanos nun fascinante relato sobre o eterno conflito entre o ben e o mal. Despois de celebrar o seu vixésimoprimeiro aniversario, o Príncipe Sigfrido entra nun bosque onde coñece a Odette, unha princesa cisne enfeitizada polo malévolo Rothbart. Sigfrido promételle amor incondicional, pero cae nun cruel engano e termina xurando o seu amor ao Cisne Negro. Tras recoñecer o seu fatal erro, regresa ao bosque en busca da súa amada.

Auditorio de Afundación, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos