A APDR convoca en Pontevedra unha charla informativa para dar a coñecer as características do complexo fabril que Altri quere construir na Ulloa, a súa incidencia medio ambiental e as repercusións sociais, culturais e económicas naquela comarca.

Na charla, que terá lugar o venres 29 de novembro a partir das 19:30 horas no paraninfo do IES Sánchez Cantón intervirá Ana Fernández Santamarina, enxeñeira de montes, especialista en hidroloxía e membro da plataforma Ulloa Viva.

Con posterioridade á súa intervención, o público asistente terá ocasión de formular cantas preguntas e reflexións considere preciso.

Ao inicio do acto, a APDR realizará a estrea do videoclip da canción Monstro con música e letra orixinais do compositor compostelán Virxilio Xixirei, unha composición que ten por obxectivo a denuncia da situación de ENCE na ría de Pontevedra e que o autor cedeu desinteresadamente á APDR.

Máis eventos

Ver máis eventos