Actuación de Suelen Estar Quartet dentro do ciclo 'Ao Son do Piano'
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao, Museo de Pontevedra

Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
A Deputación organiza no Museo de Pontevedra a segunda edición de 'Ao Son do Piano', un ciclo de concertos acústicos de música clásica contemporánea arredor do piano de cola do Museo.
O sábado 22 de marzo, ás 13:00 horas, será a actuación de Suelen Estar Quartet.
Suelen Estar Quartet é un cuarteto formado por María José Pámpano (violín), Elena Vázquez (violín), Macarena Montesinos (violonchelo) e Saúl Puga (contrabaixo), que actuarán en colaboración coa pianista Berta Fresco para interpretar pezas dunha das autoras contemporáneas máis recoñecidas, a
norteamericana Caroline Shaw co proxecto "Dear Caroline".
Sen partituras, pero herdeiros da tradición clásica e influenciados por estilos musicais tan diversos coma o free jazz, a música antiga, a música contemporánea ou a electrónica e experimental, Suelen Estar Quartet preséntase como unha formación pioneira na abordaxe da linguaxe da libre improvisación sobre os instrumentos de corda de tradición clásica. Unha rara avis dentro da escena nacional que explora os límites tímbricos e sonoros dos seus instrumentos en cada unha das súas interpretacións, baseadas en composicións en tempo real.
O cuarteto achégase nesta ocasión á música contemporánea da man das composicións de Caroline Shaw.
Seducidos pola capacidade da compositora para entrelazar a estrutura con espontaneidade e polo seu enfoque innovador, Suelen Estar Quartet e Berta Fresco achegan o público ao fermoso universo de Shaw, gañadora de catro premios Grammy.
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra