40º Aniversario da agrupación folclórica Celme
Engadir ao meu calendarioPazo da Cultura, Pontevedra
Pazo da Cultura, Pontevedra
A Agrupacion Folklorica Celme foi fundada en 1984 polo seu actual presidente e director artístico Quique Dominguez Lino.
O grupo Celme durante estes anos participou en festivais nacionais e internacionais por 15 países de Europa, EEUU e o mundial de Futbol de Qatar, así como por todas as Comunidades de España. Destacan por dispoñer de bailes e músicas de diferentes pobos e lugares de Galicia.
Desde os seus inicios a preocupación polo traxe galego destacou nesta asociación que dispón actualmente de máis de trinta traxes tradicionais de diferentes comarcas.
A Agrupación dispón de escola de baile, pandeireta e gaita, de onde se vai nutrindo principalmente dos seus compoñentes.
Despois de 40 anos quere mostrar na súa cidade a riqueza do folclore galego, onde participarán as escolas infantís, xuvenís e de adultos, excomponentes da agrupación, tanto en música como en baile, así como unha agrupación convidada doutra comunidade de España e a propia Agrupación Folklorica Celme.
Pazo da Cultura, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosTeatro Principal de Pontevedra
Auditorio Afundación de Pontevedra
Auditorio da Azucreira de Portas