O próximo martes 15, ás 19:00 horas, na Librería Cronopios,a xornalista Susana Pedreira entrevista ao ourensán Xoán Tallón que presenta o seu novo libro 'El mejor del mundo' (Anagrama, 2024).

Como vén sendo habitual, a xornalista fará unha entrevista en directo onde logopoderá participar o público que o desexe coas súas preguntas e comentariose dar paso á sinatura de exemplares.

En 'El mejor del mundo', Xoán Tallón conta a historia de Antonio, un empresario galego cunha ambición desmedida. Cando por fin asume a dirección da fábrica de cadaleitos fundada polo seu pai, ata entón remiso a ceder o posto, dá un cambio radical ao negocio.

Quere situalo no máis alto e pon á vista no sector de luxo. Iso lévao de viaxe por Houston e Ciudad de México, onde acada o éxito co que sempre viviu obsesionado. Pero de súpeto os seus soños se esvaen  dun xeito inxusto e inexplicable.

Máis eventos

Ver máis eventos