O Cineclube Pontevedra terá espazo en outubro para dúas estreas recentes. Unha delas será Here (2023), a última longametraxe do director belga Bas Devos.

A súa obra anterior foi obxecto dun foco no marco da edición 4 do festival Novos Cinemas

 

HERE
Here, Bas Devos, 2023
Bélxica, 82 min., VOSE Lingua orixinal: neerlandés, francés, romanés, chinés

Stefan, un obreiro da construción romanés que vive en Bruxelas, está a piques de regresar ao seu país. Cociña unha gran ola de sopa co que ten na neveira e repártea como despedida entre amizades e familiares.

Xusto cando está listo para marchar, coñece unha moza que está a preparar un doutorado sobre musgos, a especie vexetal máis antiga coñecida. A capacidade de atención da moza cara ao case invisible deixa en Stefan unha fonda pegada.

Mellor Filme da sección Encounters na Berlinale 2023

Máis eventos

Ver máis eventos