A Deputación de Pontevedra leva este venres 27 de decembro o circuíto +Escénicas ata a Casa da Cultura de Riomaior (Vilaboa).

A compañía teatral Tanxarina representará o espectáculo Titiricircus, ás 20:00 horas.

Titiricircus é unha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor na que dous vellos traballadores lembran con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista do circo.

Nun permanente xogo participativo co público e a través dun espectáculo cargado de humor, van aparecendo os números máis importante daquel vello circo xa desaparecido como o home máis forte da Península Ibérica ou o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo.

Casa da Cultura de Riomaior (Vilaboa)

Máis eventos

Ver máis eventos