O FICBUEU acollerá a proxección de seis pezas audiovisuais que optan ao Premio Internacional do Público do festival Shortcutz Amsterdam. Será no Centro Social do Mar de Bueu.

Shortcutz Amsterdam é unha das principais plataformas dos Países Baixos para o talento emerxente do cinema neerlandés, que brinda oportunidades de exhibición, conectando unha audiencia nacional e internacional e facilitando as relacións entre profesionais da industria. 

A organización do festival proporcionará á audiencia papeletas para participar na votación global que escollerá a mellor curtametraxe. A película gañadora darase a coñecer na cerimonia de entrega de premios do 12º Shortcutz Amsterdam o 19 de xaneiro de 2025. 

Os filmes que conforman a sesión son: Let me in, de Aramis García González; Behind the reflection, de Jelle Tigchelaar; Il fait beau, de Leonardo Cariglino; Lunatic, de Robin Noorda; Magma, de Luca Meisters e Tide, de Roxanne Stam.

Centro Social do Mar de Bueu.

Máis eventos

Ver máis eventos