O escritor Robert Neal Baxter Ford presenta 'Brezhoneg. A lingua celta da Bretaña' (Ed. A Mesa pola Normalización Lingüística).

O autor falará con Isabelle Kerdudo.

Actividade en colaboración co Salón do Libro de Pontevedra.

O libro ten por obxectivo estreitar os lazos entre os pobos da Bretaña e a Galiza ao permitir achegar, por vez primeira, ás galegas e ós galegos directamente na súa propia lingua a unha das máximas expresións do xenio cultural da Bretaña, nomeadamente o seu idioma celta, ar brezhoneg.

Tras unha introdución que presenta a historia e a situación actual do bretón, dá paso a unha detallada descrición da pronuncia e da gramática desta fascinante lingua, antes de pechar cun vocabulario bilingüe organizado por temas e, finalmente, unha listaxe de frases que resultarán útiles para tecer pontes á hora de visitar a Bretaña ou mesmo dun bretón visitar a Galiza.

Libraría Paz, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos