A aldea respiraba inqueda, mais Manuel, Claudia e Laura non se deron conta. Até que un día todo virou. A xente berraba e corría sen saber como nin por que. Os tres correron tamén, co medo no corpo, sen mirar atrás, até o máis fondo do bosque.

Que foi? Volvemos ou é mellor agardar? Estarán ben? Virán buscarnos? E se non veñen, será porque non nos queren?

En un rincón del mundo é un conto intemporal, unha invención sen heroes nin heroínas. É unha historia irreal, chea de palabras, acción e pensamentos reais.

Teatro de actor.

Duración: 60 min.
Recomendado a partir de 7 anos e público adulto.
Nominado ao Premio LORCA das Artes Escénicas de Andalucía 2024

Máis eventos

Ver máis eventos