O Museo de Pontevedra ofrecerá o venres 27 de decembro, ás 18:00 h no Edificio Castelao o espectáculo Cinema de historias da man de Alice Guy, posto en escena pola narradora Raquel Queizás.

Trátase dunha proposta escénica para toda a familia que forma parte da programación de Nadal do Museo de Pontevedra, que inclúe exposicións, visitas guiadas, obradoiros, espectáculos e concertos.

Cinema de historias da man de Alice Guy é un espectáculo no que se mestura narración con teatro e cinema para espertar nas nenas e nenos o amor por este, ademais de descubrirlles o poder que teñen as imaxes para transmitir historias.

Todo da man de Alice Guy, a nai do cinema, unha pioneira un tanto esquecida que foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais de actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara produtora, maga e moito máis.

Raquel Queizás ofrécenos a posibilidade de viaxar no tempo para ver fragmentos das súas primeiras películas e coñecer a vida dunha muller fascinante e inxustamente esquecida.

Museo de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos