Quique Peón achégase a Bueu para difundir técnica postural para o baile tradicional
Engadir ao meu calendarioCasa da Cultura de Cela, Bueu

Casa da Cultura de Cela, Bueu
Enrique Peón, coñecido artisticamente como Quique Peón, director de Xacarandaina, é un dos referentes no mundo do baile tradicional e do folklore en Galicia.
Ofrecerá unha masterclass sobre técnica postural no baile tradicional. Será toda a mañá do sábado 29 de marzo, en Cela (Bueu), nun monográfico organizado pola Asociación Cultural Retrouso de Cela.
A idea desta actividade é centrar o curso en cuestión técnicas que afectan ao baile en calquera punto da xeografía, como a colocación dos brazos, os ombros ou as costas.
Trátase da terceira edición dos Monográficos Retrouso, onde xa pasaron mestres de baile coma Luís Prego ou Xabier Iglesias e dentro dos cales Retrouso está preparando tamén a visita de Carme Iglesias, Carme da Pontragha, do grupo de pandeireteiras Bouba, para o 13 de abril, centrado nos toques e cantos en Tordoia.
O aforo está limitado a 20 asistentes. Pódese reservar praza por 25 euros (20 euros para socios de Retrouso) no 617 994 219 ou no correo retrouso@gmail.com.
Casa da Cultura de Cela, Bueu
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín