Proxección do filme: "La luz que imaginamos"
Engadir ao meu calendarioSalón García, Vilagarcía de Arousa

Salón García, Vilagarcía de Arousa
O Cineclube Ádega programa para este xoves día 4 de abril o filme indio de recentísima estrea "La luz que imaginamos" (All we imagine as light).
Esta película está escrita e dirixida por Payal Kapadia, e ven de acadar moitos dos premios máis importantes do ano, como o Gran Premio do Xurado en Cannes ou ser elixido mellor filme estranxeiro pola Asociación de críticos de New York, Los Angeles e Chicago.
Payal Kapadia estreouse nas longametraxes de ficción con este drama social de corte naturalista, que fala das luces, as sombras e os soños de dúas mulleres nunha metrópolis como Mumbai, convertida no filme nunha gran gaiola onde a liberdade é aparente, máis ligada á imaxinación e aos soños que a realidade.
Pase de balde para socios e entrada reducida a 2,5 euros para o resto do público, por tratarse dunha nova colaboración coa Filmoteca de Galicia.
Salón García, Vilagarcía de Arousa
Máis eventos
Ver máis eventosMuseo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Museo Manuel Torres, Marín