Proxección do filme: "O home elefante". Homenaxe a David Lynch
Engadir ao meu calendarioSalón García, Vilagarcía de Arousa

Salón García, Vilagarcía de Arousa
O Cineclube Ádega programa para este xoves día 10 de abril a súa particular homenaxe a David Lynch.
Aseguran dende Cineclube Ádega que Lynch é un dos creadores más persoales de tódolos tempos e dos poucos que deron creado un xénero propio denominado cunha derivación do seu apelido.
A palabra lynchiano hoxe en día a utilizamos para algo difícil de definir doutro xeito, unha especie de mistura do extraño, o onírico, o bizarro, os submundos pesadillescos e as realidades alternativas.
Para esta ocasión programarán o filme de Lynch que gosta por igual aos seus seguidores e aos seus detractores: "O home elefante", que moitos espectadores terán a oportunidade de ver en pantalla grande por primeira vez.
Salón García, Vilagarcía de Arousa
Máis eventos
Ver máis eventosMuseo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Museo Manuel Torres, Marín