Proxección de 'El desencanto', dentro do Ciclo Jaime Chávarri, Feroz de Honra

As entradas son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e até completar o aforamento. Máximo 4 entradas por persoa.

Documental producido por Elías Querejeta, que marcou un fito no noso cine e converteuse en película de culto. Un dos filmes máis orixinais de Chávarri, símbolo de toda unha época da Historia de España.

Leopoldo Panero, poeta, morreu na súa Astorga natal en 1962. Catorce anos máis tarde, as persoas que máis intimamente estiveron ligadas a el (Felicidade Blanc, a súa viúva, e o seu tres fillos), lembran aquel caloroso día de agosto. O recordo queda sometido a algo máis que aquela data e xorden outras vivencias. A través da palabra e do percorrido por habitacións, obxectos, rúas e lugares perdidos, desvélase a historia duns anos e dunhas persoas unidas por vínculos familiares que en ningún momento foxen da expresión das súas diferenzas e as súas identidades.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos