A procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ás costas sairá este Mércores Santo da Basílica de Santa María ao nove da noite.

Está organizada pola Confraría da Nosa Nai da Maior Dor, con acompañamento dunha representación do resto de Confrarías e fieis.

A comitiva procesional sairá da Basílica de Santa María a Maior para percorrer as rúas Armargura, Isabel II, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e regreso pola avenida de Santa María.

Centro histórico de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos