'A primavera da aldea', do grupo de teatro 'O Merlo' do CEIP As Covas de Meaño
Engadir ao meu calendarioAuditorio Municipal da Illa de Arousa

Auditorio Municipal da Illa de Arousa
O grupo de teatro 'O Merlo', do CEIP As Covas de Meaño, porá en escena a obra 'A primavera da aldea', escrita por Carlos Yus e María Campos, fundadores da compañía Migallas Teatro.
Nesta peza abórdanse con humor e optimismo, entre outros temas, cuestións tan importantes como o despoboamento do rural e a chegada de persoas migrantes.
Escenas emotivas combínanse con outras humorísticas co fin de entreter os espectadores ao mesmo tempo que se provoca neles unha reflexión sobre as posibles solucións a estes problemas.
O grupo de teatro 'O Merlo' está formado por un total de 22 nenos, pais e avós da comunidade educativa do CEIP As Covas de Meaño que participan desde o mes de outubro de 2024 na actividade 'Xoguemos ao teatro' coordinada por Carlos Yus.
Esta actividade enmárcase no Proxecto Documental Integrado (PDI) que está a desenvolver o CEIP As Covas durante este curso escolar 2024-2025 baixo o nome de 'Cruzamos?'. Nel, a comunidade escolar aborda o achegamento ás culturas de alén do mar, América, o Atlántico, o mundo mariño e as migracións, entre outras cuestións.
A función deste sábado organízase como complemento da exposición de pancartas sobre a inmigración que tivo lugar durante os dous últimos meses neste mesmo auditorio. Trátase das creacións confeccionadas nun taller celebrado na Escola de Pau, impulsado polo Círculo do Silencio de Pontevedra e o muralista Sebas, en colaboración co Concello da Illa de Arousa, a Asociación Cultural e Deportiva Dorna, o Cineclube Entrecortiñas e a Asociación Cultural A Casa Branca.
Auditorio Municipal da Illa de Arousa
Máis eventos
Ver máis eventosMuseo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Museo Manuel Torres, Marín