Presentación do libro 'A vida incerta', de Montse Fajardo
Engadir ao meu calendarioCasa da Veiguiña, Marín

Casa da Veiguiña, Marín
A xornalista e escritora Montse Fajardo presenta 'A vida incerta', un libro que rescata a figura de Virxinia Pereira, a muller de Castelao. Unha muller que fixo moito pola cultura galega e as ideas republicanas, e da que pouco coñecemos a súa importancia.
A actividade está aberta ao público e forma parte do compromiso do BNG coa "recuperación da memoria histórica e a visibilización do papel das mulleres na historia do país".
'A vida incerta' rescata a biografía de Virxinia Pereira Gómez, unha figura clave pero esquecida na historia galega. Muller de Castelao, pero tamén militante antifascista, galeguista e defensora da cultura e da lingua galega. Virxinia foi unha muller comprometida cunha causa que trascendeu a súa figura privada. A través dun rigoroso traballo de investigación, Montse Fajardo pon luz a unha vida marcada polo exilio, a loita política e a dignidade nun tempo de represión e esquecemento.
A autora estará presente no acto e abrirase un espazo de diálogo co público arredor do papel das mulleres na memoria colectiva, a invisibilización histórica e a necesidade de construír unha narrativa máis xusta e inclusiva.
Casa da Veiguiña, Marín
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín