Presentación do libro 'A Risa Habitábel', de Sabela Fraga
Engadir ao meu calendarioLibrería Metáfora, Pontevedra

Librería Metáfora, Pontevedra
A Librería Metáfora acolle a presentación do libro 'A Risa Habitábel', de Sabela Fraga.
Amalgamar arte, humor e feminismo é o desafío que Sabela Fraga -Historiadora de Arte e Doutora en Bellas Artes- propúxose investigar e cuxo resultado está reflectido con solvencia académica e complicidade feminina no libro "A Risa Habitábel". Conversas con creadoras sobre humor e feminismo nas artes.
Motivada pola ausencia de traballos académicos que analizasen o uso do humor na arte desde unha perspectiva feminista, Sabela Fraga desenvolveu un traballo de campo onde entrevistou a trece artistas e investigadoras de diferentes disciplinas, que analizan os usos do humor no campo da creación artística.
¿Pode o humor subverter o patrón de conduta masculino para referirse ás mulleres? ¿Pode o humor cambiar os discursos denigrantes que utilizan os homes para reírse das mulleres? O humor, como un novo campo de batalla cultural, que desde unha praxis feminista cuestiona o poder dominante e promove outras prácticas máis empáticas e de conexión entre as mulleres, que baseada noutra lóxica deixa de lado o reírse delas, para construír unha nova ética onde se prioriza o reírse con elas.
Humor e feminismo na arte contemporáneo son as coordenadas de lectura que propón "A risa habitáble", como inspiración e como oráculo que permita pensar outras formas posibles de consolidar unha sociedade non só máis igualitaria, senón tamén, máis vivible grazas ao entramado que conforman a arte, o humor e o feminismo.
Librería Metáfora, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Biblioteca pública de Pontevedra
Casa do Pobo de Cerponzóns, Pontevedra