Cuarto ruín dun hotel cutre nunha anónima vila americana. Carmichael, un supremacista branco estrafalario e agresivo, ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron de adolescente nun acto de absurda violencia.

O mozo negro Toby e a súa noiva branca Marilyn pretenden enganar a Carmichael ofrecéndolle unha man roubada nun museo e que, polo escura que é, non parece ser a súa. Mervyn, o recepcionista do hotel, un tipo estrambótico e algo surrealista, intervén en tan insólita transacción e desátase.

Texto orixinal: Martin McDonagh. Versión galega e dirección: Cándido Pazó.

Elenco: Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay e Diogo Sales.

Duración: 90 min.

Máis eventos

Ver máis eventos