A Deputación de Pontevedra leva este venres 27 de decembro o circuíto +Escénicas ata o auditorio Sobrino Buhigas de Campo Lameiro.

Alí, ás sete da tarde, haberá unha función de Pequenas grandes maxias, un espectáculo de maxia protagonizado polo Mago Teto.

Pequenas grandes maxias é unha viaxe aos soños do Mago Teto que fará ao espectador atravesar o espello do mundo real ao da fantasía para sentir unha serie de emocións únicas.

Viaxes imposibles de elementos dos espectadores, ruletas rusas canto menos curiosas, predicións dos números dun sorteo de lotería moi peculiar, estrañas coincidencias e incluso o intento por parte do mago de explicar algún xogo poderanse ver nos 75 minutos de maxia e humor deste espectáculo.

É o show máis persoal e novidoso do Mago Teto.

Auditorio Sobrino Buhigas, Campo Lameiro

Máis eventos

Ver máis eventos