O Multiúsos de Moraña acolle este venres 27 de decembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Nesta sesión, ás 19.30 horas, exhibirase o filme ¡Salta!, dirixido por Olga Osorio e protagonizado por Tamar Novas, Mario Santos, Marta Nieto e Rubén Fulgencio, entre outros.

En ¡Salta! Óscar e Teo son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio.

Teo é futboleiro e un pouco fervellasverzas, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade.

En realidade, cada un lidia á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme.

Multiúsos, Moraña

Máis eventos

Ver máis eventos