A Deputación de Pontevedra leva este domingo 16 de marzo o circuíto +Escénicas ao concello de Moraña cun espectáculo de teatro enmarcado nesta iniciativa da institución provincial que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. 

"Neura, unha comedia neurótico-festiva", da compañía De Ste Xeito Producións, representarase ás 21:00 horas na sala multiúsos de Moraña.

Esta comedia aborda o tema da saúde mental cuns protagonistas que conviven con teimas propias e alleas. Algunhas intentan agochalas, outras exhíbenas orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Edu e Sonia viviron no pasado unha historia de amor e desamor que rematou por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos nin amantes, senón ex, de quen saben ata o seu grupo sanguíneo pero actúan como perfectos descoñecidos. Os azares da vida fan
que volvan atoparse en distintas circunstancias e teñen que poñer a proba de novo a compatibilidade das súas neuras.

Sala multiúsos de Moraña

Máis eventos

Ver máis eventos