Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo no que creceron xuntos, a casa da infancia cun vello ultramarinos-bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella.

A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén, logo de moitos anos sen contacto familiar.

As lembranzas doutros tempos, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia de dar valor ao noso pasado fan de Nosounha dramedia que visibiliza o conflito xeracional e a sensación de pertenza ao lugar de onde vimos.

Dramaturxia e dirección: Gustavo del Río.

Elenco: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmy Núñez e Sete Eiroa.

Duración: 75 min.

Máis eventos

Ver máis eventos