"Nova oportunidade para ceibar versos e verbas ao ar de Arousa" e van 149 edicións, 149 meses, 14 anos.

Sala de Conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, a partires das 18:00 horas coa colaboración artística de Al Guanella acompañado da súa cadeliña Tana.

Esta actuación está promovida polo Plan Culturea da Deputación Provincial de Pontevedra e coa colaboración do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dende as Mesa das Verbas comunican que por acordo unánime, adoptado na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado 21 de marzo, noméase Socia de Honra da Asociación á escritora e académica Fina Casalderrey.

O 11 de xuño, nun acto poético que se anunciará oportunamente, impoñeráselle a insignia da Asociación e entregaráselle un pergameo co nomeamento.

Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa

Máis eventos

Ver máis eventos