En Not a Pretty Picture (1976), a directora Martha Coolidge pon en escena a violación que sufriu aos 16 anos cunha mirada pioneira e feminista, nun filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero polo ICAA.

É unha das propostas do Cineclube Pontevedra para os martes de outubro, dous filmes dos anos 70 que mesturan documental e ficción para poñer sobre a mesa cuestións como o racismo ou a violencia sexual.

 

NOT A PRETTY PICTURE
Not a Pretty Picture, Martha Coolidge, 1976
EE UU, 83 min., VOSE, +16 Lingua orixinal: inglés

En 1962, aos 16 anos, a directora Martha Coolidge foi violada durante unha festa por un compañeiro de clase maior ca ela. Doce anos máis tarde, a cineasta examina esta agresión sexual vivida en carne propia e recrea as circunstancias que a rodearon cun grupo de actores nun loft de Nova York.

Disposta a falar da súa agresión sen reservas, Coolidge tamén sabe escoitar, permitíndolle ao seu reparto manter conversas sinceras sobre a psicoloxía e a desequilibrada dinámica de poder inherente á violencia sexual.

Máis eventos

Ver máis eventos