"Ladrón de risas", da compañía Expresión Producións, no auditorio da Azucreira de Portas
Engadir ao meu calendarioAuditorio da Azucreira de Portas

Auditorio da Azucreira de Portas
A Deputación de Pontevedra pecha o pano do primeiro ciclo do circuíto +Escénicas este domingo 23 de marzo no concello de Portas.
A función será a última programada nesta primeira edición dunha iniciativa provincial que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.
A última función que se representará desta primeira convocatoria será "Ladrón de risas", da compañía Expresión Producións, ás 19:00 horas no auditorio da Azucreira.
Trátase dunha comedia para público adulto que inclúe tres historias en tres vivendas dun mesmo edificio, o edificio dos corazóns. Nunha escoitan ruídos, noutra mesturan traballo e amor e na última estase organizando unha cea de amigos, pero aínda o poden pasar mellor.
En todas as historias nada é o que parece e os ladróns só rouban sorrisos.
Auditorio da Azucreira de Portas
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra