Dende que no ano 2004 o Seminario Permanente de Jazz (SPJ) de Pontevedra, creara un ciclo de concertos no que se potenciaba aos novos valores do jazz galego chamado Jazz no Principal, este formato foi un dos principais responsables da boa saúde que amosa o jazz no noso país. 

Para esta sábado 12 de abril está programada a actuación de Pablo Martín Caminero & SPJ Group.

Pablo Martín Caminero (Vitoria, 1974), terminou os seus estudos de contrabaixo clásico na Escola Superior de Música de Viena no añou 1999. Tras esta etapa, trasládouse a Madrid onde inicia a súa carreira profesional como intérprete, compositor e produtor.

A diversidade de estilos musicais nos que se move, levouno a colaborar con artistas e proxectos de diversos géneros como Jorge Pardo, Gerardo Núñez, BandArt, Hippocampus, Chano Domínguez, Niño Josele, Rocío Molina, Enrike Solinís, Rosario La Tremendita, e un longo etcétera de proxectos de flamenco, jazz, clásico e barroco. Paralelamente, esta polivalencia anímalle a compoñer música para películas de cinema e campañas de publicidade desde o añou 2006.

Pablo publicou ao seu nome oito discos ata a data: Doméstica (2005), El Caminero (2011), O.F.N.I. (2014), Salto al vacío (2016) y Bost (2020),  Al Toque (2021) e Recital 2.0 (2023). 

Na actuación do Teatro Principal de Pontevedra Pablo Martín Caminero estará acompañado por Luis Felipe Fernández (saxo alto), André Labraña (acordeón), Mauro Tissone (guitarra), Abe Rábade (piano), Sara Martínez (batería) e Alberto López (batería).

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos