Feroz 2025: O director Javi Giner presenta a serie 'Yo, adicto'
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal, Pontevedra
Teatro Principal, Pontevedra
Javi Giner, guionista, director e produtor executivo de Yo, adicto, falará en Pontevedra desta historia honesta e conmovedora baseada no seu libro homónimo, con catro nomeamentos aos Feroz 2025.
Yo, adicto conta como Javier Giner, profesional do audiovisual, decide aos 30 anos ingresar voluntariamente nun centro de desintoxicación.
Incapaz de xestionar a súa angustia vital e o sufrimento que se xera a si mesmo e aos demais, leva varios anos mergullado nunha espiral autodestructiva de adicción ao alcol, as drogas e ao sexo.
No momento de máxima escuridade, tomará a decisión de pedir axuda profesional movido por un instinto de supervivencia desesperado. Sen sabelo, ese xesto cambiaralle a vida converténdose nunha nova persoa.
Os meses que pasa ingresado nun centro de desintoxicación nos arredores de Barcelona supoñen unha viaxe de descubrimento persoal, da culpa á reconciliación, un camiño doloroso á curación e redención cheo de personaxes incribles: os seus compañeiros de tratamento, os profesionais do centro, os seus familiares...
A serie conta cun elenco encabezada por Oriol Pla, que dá vida a Javier Giner, ao que acompañan Nora Navas, Alex Brendemühl, Victoria Luengo, Ramón Barea, Itziar Lazkano, Bernabé Fernández, Marina Salas, Omar Ayuso, Catalina Sopelana e Pilar Bergés, entre outros.
O venres 10 de xaneiro, ás 19:00 no Teatro Principal, proxectaranse tres capítulos da serie, emitida por Disney Plus, e despois terá lugar o coloquio entre Giner e os asistentes.
Teatro Principal, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosCafé Moderno Afundación Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra