A médica Inés López Fernández presentará na Libraría Paz o seu primeiro poemario, 'Acuruxar', no que recolle e abraza historias de vida, de pasado, de sentimentos e de aldea, tecidas con versos que naceron no corazón dos Ancares.

A autora, natural de Foxos (Pedrafita do Cebreiro), foi recompilando ao longo dos anos poemas que agora ven a luz.

'Acuruxar' é unha viaxe introspectivo a través de catro estacións, que simbolizan as diferentes etapas da vida. Un percorrido que culmina cunha sensación de paz e aceptación.

A poesía foi unha compañeira constante na vida de Inés López, que compatibiliza a súa profesión como médica de urxencias coa súa paixón pola escritura.

A autora conversará coa xornalista Ana González Liste deste "poemario que non procura adorar ni rescatar a ninguén. Eríxese como exercicio de autoexploración mentres a palabra pasa os seráns cavilando".

Libraría Paz, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos