Ciclo Sobre vivir: Proxección do filme 'O incrible home minguante', de Jack Arnold
Engadir ao meu calendarioCasa das Campás, Pontevedra
Casa das Campás, Pontevedra
A Casa das Campás acolle a proxección da película O incrible home minguante, rodada en 1957 polo director estadounidense Jack Arnold.
O incrible home minguante, un dos títulos imprescindibles do cinema fantástico de todos os tempos, está baseada nun relato de Richard Matheson.
Durante unha excursión marítima Scott Carey (Grant Williams) vese afectado por unha nube radioactiva. A partir de entón notará que vai diminuíndo o seu tamaño día a día.
Un caso estraño ao que os médicos non atoparán remedio e que some ao protagonista nun angustioso pesadelo. Mentres tanto o seu corpo seguirá reducíndose de forma imparable.
A partir de entón, a súa vida será un pesadelo, unha loita constante pola supervivencia, na que o cotián (un gato, unha araña) representa para el unha ameaza mortal que só o seu enxeño pode conxurar.
Desde o rexistro dos fenómenos atmosféricos e das súas consecuencias, á denuncia do impacto da acción humana sobre os ecosistemas, pasando pola ideación de futuros distópicos.
A relación entre o ser humano e o medio ambiente foi abordada desde múltiples ópticas e perspectivas ao longo da historia do cine.
Amosar algunhas das rutas escollidas por cineastas de diferentes épocas para abordar estas cuestións é o obxectivo de Sobre vivir, o ciclo de cinema de outono da Vicerreitoría do campus.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, este ciclo busca presentar unha escolma de filmes cos que afondar nesa “aproximación aos conceptos de medio ambiente e ecosistema", que, con frecuencia, "o ser humano entende como algo externo a el", como sinala o seu coordinador, Suso Novás.
Casa das Campás, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosCafé Moderno Afundación Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra