O Ateneo de Pontevedra organiza un acto en homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924.

No acto presentarase o libro 'Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida', coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e Fundación Penzol.

Neste acto intervirán Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra; Rafael López Torre, escritor; Guillermo Campos, xornalista; Pilar Allegue, filósofa e escritora; Fernando Filgueira Iglesias, médico e padroeiro da Fundación Filgueira Valverde, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.

Casa das Campás, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos