O Cineclube Pontevedra proxectará Historia dunha veciñanza (1947), o primeiro filme de Yasujiro Ozu logo do hiato de cinco anos que supuxo a Segunda Guerra Mundial.

Esta obra, recentemente restaurada e presentada en Cannes Classics, foi estreada por primeira vez en salas a finais do pasado ano.

 

HISTORIA DUNHA VECIÑANZA
Nagaya shinshiroku, Yasujiro Ozu, 1947
Xapón, 72 min., VOSE, Lingua orixinal: xaponés

No difícil Xapón da posguerra, Kohei, un neno extraviado, chega accidentalmente a mans de Otane, unha viúva de carácter agre que o acolle na casa de mala gana. A muller rexeita o neno, que lle ocasiona numerosas molestias e esfórzase por localizar o pai do cativo, que semella que foi abandonado.

Máis eventos

Ver máis eventos