A Deputación de Pontevedra leva +Escénicas ata Cuntis coa obra teatral Henriko o feiticeiro a cargo da compañía Simplemente Enricco.

A peza, para todos os públicos, poderá verse no Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído "Patelas" este xoves 31 de outubro ás 19:00 horas.

Henriko o feiticeiro é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, que sente que realiza trucos incribles que mesmo superan o entendemento humano. Pero, en realidade, é unha fraude de mago, ao que mesmo os nenos lle cazan os trucos.

Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, continúa co seu espectáculo como se todo estivese a saír segundo o planeado.

Sen embargo, sen explicación e para sorpresa do público e do propio Henriko, todo cambia e comezan a acontecer cousas inexplicables.

Máis eventos

Ver máis eventos