Poida que leves anos vendo a Pantomima Full en formato dixital, pero ti, que se estás a ler unha reseña é porque xa tes unha idade, sabes perfectamente que as cousas feitas a man teñen un valor especial. Que onde estea o artesanal, que se quite o industrial.

Cremos que vale a pena pagar un pouquiño por ver a estes rapaces facendo as súas bromiñas de forma manual, sen edición, sen cortes, só ti e eles. Puro produto. Ir velos tamén encaixa na imaxe que queres dar de ti mesmo. Déixate estafar por eles tamén.

Pantomima Full, hecho a mano é o terceiro espectáculo de Pantomima Full. Tan malo non será se a xente zampou o primeiro e logo o segundo. Ofrece máis do mesmo, isto é así, atoparon unha fórmula que lles funciona e van espremela. É o que faría calquera.

Por tanto, se che apetece estar durante unha hora e media vendo monólogos sobre os temas dos seus vídeos e sketches cos seus personaxes, pilla unha entrada.

Máis eventos

Ver máis eventos