Como poderiamos resumir un espectáculo como Misery Class? E o que resulta máis complicado… como poderiamos facelo en menos de 350 palabras considerando, por unha banda, a ampla cantidade de asuntos e materias da actualidade aos que se pasa revista neste show e, polo outro, a psicótica propensión a divagar de Goyo Jiménez?

Poderiamos sinalar que este novo espectáculo de Goyo Jiménez xorde desde a súa visión do mundo como PERSOA e non como PERSONAXE. Que contempla o asombroso panorama dos nosos tempos co mesmo asombro e desconcerto que a maioría das OUTRAS PERSOAS, pero que ofrece enxeñosas e hilarantes solucións que nos axudarán a mirar ao futuro con optimismo

Unha persoa empática, que se pon na pel dos outros coa maior humildade, respectando e considerando a todos por igual, mesmo aos que son menos. Que virían ser a maior parte. É dicir, un dos nosos.

Máis eventos

Ver máis eventos