A pintora Mercedes Ruibal e os seus trazos dramáticos serán protagonistas dunha nova entrega do programa da institución provincial 'Aquí faltan páxinas'.

Será impartida por Graciela Baquero, sobriña de Mercedes Ruibal.

O faladoiro centrarase en Mercedes Ruibal, nada en Xeve, nunha familia de grandes inquietudes artísticas que se viu obrigada a emigrar a causa da guerra.

En Bos Aires iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre e, cando regresou a Galicia, fíxoo convertida en pintora.

Viviu en Madrid e tras casar con Agustín Pérez percorreu medio mundo, con parada en cidades como Roma, onde compartiu estudo con Rafael Alberti.

A súa pintura figura nas coleccións de varios museos galegos e americanos.

Máis eventos

Ver máis eventos