Exposición do pintor Javier Cabo
Engadir ao meu calendarioPalacete das Mendoza, Pontevedra

Palacete das Mendoza, Pontevedra
O Palacete das Mendoza acolle a exposición "Síntese de formas e análise de superficies", do pintor Javier Cabo Villaverde.
A mostra estará dispoñible ata o domingo 13 de abril na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.
Nas obras de Javier Cabo (Santiago de Compostela, 1960), licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense e Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, pódese ver a influencia de correntes artísticas renovadoras do século XX, como o cubismo, o futurismo italiano ou o surrealismo.
A través dunha combinación de recursos, Cabo constrúe un universo pictórico no que o cotiá, o simbólico e o material vense entrelazados. A súa obra, lonxe de ofrecer unha representación estática da realidade, invita a mirar máis alá da superficie, a descubrir en cada fragmento una historia, unha emoción ou unha pregunta aberta á interpretación.
Os horarios de visita da exposición "Síntese de formas y análises de superficies" do pintor Javier Cabo no Palacete das Mendoza a partir do sábado e ata o 13 de abril serán os seguintes: de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín