A exitosa xira 'La Romería' de Rodrigo Cuevas chega ao seu fin o sábado 12 de abril de 2025, en Pontevedra. 

O espectáculo está incluido no ciclo Resoan, unha proposta cultural que traerá á cidade do Lérez artistas de primeiro nivel nun cruce de camiños musicais a través da estética, as paisaxes sonoras, o tempo e o territorio.

Premio Nacional das Músicas Actuais 2023, Premio Arco Iris 2022 do Ministerio de Igualdade, Premio Ojo Crítico de RNE de 2021 ás Músicas Modernas, Premio MIN 2020 ao "Artista Revelación" e ao "Mellor Álbum de Fusión e Músicas do mundo", Premiu Camaretá ao meyor cantar pola súa composición xa himno "Rambalín", Rodrigo Cuevas (Oviedo,1985) é un fenómeno das artes escénicas e da comunicación no seu máis vasto sentido; un artista total en proceso constante de crecemento sostible.  

Inspirado no seu álbum 'Manual de Romería', producido xunto a Eduardo Cabra, o espectáculo combina humor, crítica social, sensualidade e uso do asturiano e español.

Recinto Feiral de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos