Espectáculo 'Cinema de historias da man de Alice Guy'
Engadir ao meu calendarioMuseo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Este espectáculo de Raquel Quizás, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cinema, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.
Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte.
Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cinema de ficción contando unha historia. Ademais, foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara produtora, meiga e moito máis. Raquel Queizás ofrece a posibilidade de viaxar no tempo para ver fragmentos das súas primeiras películas e coñecer a vida dunha muller fascinante inxustamente esquecida.
Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosTeatro Principal de Pontevedra
Auditorio Afundación de Pontevedra
Auditorio da Azucreira de Portas