Ciclo Mestre Mateo: Proxección do documental "Emoción, vida e teatro. A nave das Marías"
Engadir ao meu calendarioAuditorio municipal, Ribadumia
Auditorio municipal, Ribadumia
O auditorio municipal de Ribadumia acolle este venres 29 de novembro unha nova proxección cinematográfica do ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.
Nesta sesión, que comezará ás 21:00 horas, exhibirase a cinta documental Emoción, vida e teatro. A nave das Marías, dirixida por Saamira Ganay e Cris Andina.
Emoción, vida e teatro. A nave das Marías fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social a través dunha peza teatral creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur, co obxectivo de facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes.
As persoas implicadas no seu proceso contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influíron nas súas vidas, deixando testemuño de como pode ser unha ferramenta efectiva para cambiar a vida da xente.
Máis eventos
Ver máis eventosLibraría Paz, Pontevedra
Casa das Campás, Pontevedra
Facultade de Comunicación, Pontevedra