Ciclo Mestre Mateo: Proxección do documental "Os espazos en branco"
Engadir ao meu calendarioCasa do Pobo de Borela, Cerdedo-Cotobade
Casa do Pobo de Borela, Cerdedo-Cotobade
A Casa do Pobo de Borela, en Cerdedo-Cotobade, acolle este domingo 29 de decembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.
Nesta sesión, que comezará ás 18:30 horas, exhibirase a cinta documental Os espazos en branco, dirixida por Bruno Arias.
Os espazos en branco está centrada na figura da poeta Xela Arias, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021.
O director da cinta é sobriño da autora, que morreu cando el só tiña cinco anos e da que ten a "espiña cravada" de que, malia ser unha das persoas que máis o influíron na súa vida, apenas lembra nada dela en vida.
18 anos despois da súa perda, Bruno Arias decide transitar as caras e lugares que viviu a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.
Casa do Pobo de Borela, Cerdedo-Cotobade
Máis eventos
Ver máis eventosCentro Cultural de Monte Porreiro, Pontevedra.
Auditorio de Afundación, Pontevedra
Pazo da Cultura de Pontevedra