O escritor David Gago Sampedro presenta o seu novo libro 'R.E.S.E.T. Mejoramos seres humanos' (Íbera ediciones).

Será o venres 4 de abril, ás 19,30 horas, na Libraría Paz e o autor estará acompañado de Miguel González Beltrán.

Sinopse: Corre o ano 3023. Mentres as novas grandes potencias, aquelas que menos sufriron os devastadores efectos da Guerra Nuclear que a punto estivo de acabar coa raza humana, tratan de dominar o planeta e os seus escasos recursos, unha onda de suicidios asola o mundo.

O creador de "O Diario de Ertélion" sorprende cunha trepidante e inesperada distopía postnuclear cun certo steampunk.

Libraría Paz, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos