O bar do fondo do mar, é un espectáculo da actriz, contadora, fotógrafa, escritora e dramaturga Soledad Felloza.

Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, Felloza presenta neste espectáculo un conxunto de historias chegadas desde "o faladoiro do bar do fondo do mar", ata onde chegou seguindo un "vello elegante" cando "camiñaba unha noite pola beira do mar de Brigantes", segundo recolle o texto de presentación desta proposta.

Pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego e resaltar o papel que xogou na transmisión de tradicións, mitos ou lendas é o obxectivo central de Contos de inverno, o ciclo de contacontos para público adulto que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello, por cuarto ano consecutivo.

Máis eventos

Ver máis eventos