A Asociación Cedofeita de Lérez ten programada unha conferencia que pronunciará Lino J. Pazos baixo o título 'A barca antes da Ponte da Barca'. 

Lino Pazos, escritor e investigador, está considerado como un grande coñecedor da xeografía da costa galega, dos faros e naufraxios e, en xeral, da vida no medio marítimo-terrestre, como se pode ver na súa ampla produción bibliográfica.

En Lérez, o conferenciante, que precisamente acaba de publicar 'A barca da Merced', referirase á historia da barca que prestaba servizo de pasaxeiros e mercadorías entre a beira de San Salvador de Poio e a Moureira de Pontevedra, ata que, pasados varios séculos, se construíu unha ponte entre as citadas beiras, ponte que precisamente se chamaría da Barca. Remataba así o privilexio que posuían os frades de Poio dende tempos inmemoriais.

Casa da Cultura de Lérez, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos