O vindeiro luns, día 14, a Sociedade Filharmónica de Pontevedra ofrecerá aos seus socios o terceiro concerto da tempada. Nesta ocasión estará protagonizado polo Trío Fortuny (violín, violoncelo e piano).

O Trío Fortuny nace da amizade entre tres músicos cunha intensa actividade en toda Europa, xa sexa liderando orquestras, actuando como solistas, facendo música de cámara e outros proxectos singulares. As súas experiencias individuais alimentan cada encontro e enriquecen o traballo de todos os seus programas.

Formado polo violinista Joel Bardolet, o violonchelista Pau Codina e o pianista Marc Heredia, o Trío Fortuny consolidou a súa proposta actuando en importantes escenarios europeos e gravando dous álbums en formato vídeo dixital con obras de Schubert, Brahms, Beethoven, Shostakóvich e Mendelssohn.

Actuaron en importantes festivais como o Wissembourg International Music Festival, Portaferrada, L'Auditori de Barcelona, Festival Bachcelona, Tempada Ibercamera de Xirona, Centro Nacional de Difusión Musical e no Palau da Música Catalá, onde despregan a súa residencia artística desde a tempada 2023-2024.

En Pontevedra, o Trío Fortuny ofrecerá obras de Beethoven, Amy Beach e Tchaikovski.

Máis eventos

Ver máis eventos