Concerto de Primavera do campus
Engadir ao meu calendarioPazo da Cultura de Pontevedra

Pazo da Cultura de Pontevedra
O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá unha nova edición do Concerto de Primavera, promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Baixo o título de Conceptos sonoros, o evento reunirá preto de cen intérpretes nun recital que mesturará música de cámara, pezas tradicionais galegas e actuacións de grupos do campus.
A protagonista principal deste concerto será a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, que dirixida por Javier Penido subirá ao escenario acompañada de artistas convidados como o pianista Javier Ares, a Aula Permanente de Música Tradicional Galega, o Grupo de Baile Tradicional e o Coro Polifónico do campus.
O recital abrirase ás 20.00 horas coa intervención do Coro Polifónico nas escaleiras de acceso ao auditorio. Dirixida por María Luisa Sánchez, esta formación está composta por 34 integrantes de diferentes idades e ofrecerá un repertorio no que destacarán cancións tradicionais surafricanas, gregas e zulús, entre outras.
O programa continuará cunha actuación da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis, que ofrecerá unha combinación de obras de compositores clásicos dos séculos XIX e XX, como Rossini e Gershwin, xunto con pezas tradicionais galegas. Fundada no ano 2005, esta banda foi recoñecida en múltiples certames internacionais e galegos, consolidándose como un referente no ámbito musical.
Un dos momentos máis especiais chegará coa colaboración do pianista Javier Ares. Cunha ampla traxectoria como solista e músico de cámara, Ares compartirá escenario coa banda, aportando a súa experiencia e versatilidade interpretativa.
Ademais, a Aula Permanente de Música Tradicional Galega, dirixida por Suso Vaamonde, achegará o seu grupo de gaitas, percusión, acordeóns e zanfonas a varias das pezas. A interpretación da Xota e muiñeira de Coruxedo de Moia contará tamén coa participación dos nove membros do recentemente creado Grupo de Baile Tradicional.
Pazo da Cultura de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Biblioteca pública de Pontevedra
Prazas e rúas da cidade de Pontevedra