Concerto de Kiki Morente en Pontevedra
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal de Pontevedra

Teatro Principal de Pontevedra
O guitarrista e cantaor Kiki Morente, herdeiro dunha das sagas senlleiras do flamenco, actuará en Pontevedra o sábado 22 de marzo.
Presentará en directo o seu terceiro traballo discográfico, un álbum titulado Azabache.
É fillo de de dúas lendas do flamenco como son o cantaor Enrique Morente e a bailaora Aurora Carbonell e irmán de dúas figuras renovadoras do xénero como Soleá e Estrella Morente, polo que o flamenco, o cante e a arte van impresos no seu ADN.
Desde ben neno, a Kiki Morente (Granada, 1989) o seu pai inculcoulle o amor pola guitarra, unha afección que o levou a cursar estudos superiores deste instrumento no Conservatorio de Juventudes Musicales de Granada.
En 2017 publicou o primeiro disco, Albayzín, e catro anos despois veu a luz El cante.
O seu terceiro álbum, Azabache, consolidou a Kiki Morente como unha das principais voces do panorama flamenco actual. O seu carisma, seguridade e talento convérteno nun artista que cativa ao público en cada unha das súas interpretacións.
A día de hoxe, o cantaor, guitarrista e compositor destaca pola súa madurez escénica e a súa habilidade para actualizar o flamenco sen perder a súa esencia.
Teatro Principal de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Biblioteca pública de Pontevedra
Auditorio de Ribadumia. O Salnés