A igrexa de San Cristóbal, no conxunto monumental de Vistalegre, en Vilagarcía, acollerá este venres, día 3, un concerto de Tolemia’s Consort, un grupo coral formado na comarca que dende a súa creación en 2020 xa se ten feito un oco no panorama musical da provincia. Será a partir das 7 da tarde, con entrada libre e gratuíta.

No seu programa, Tolemia’s Consort fará unha mestura de música sacra, góspel e jazz. Estarán acompañados ao piano pola meañesa Goretti Domínguez, na actualidade profesora no Conservatorio Profesional de Música de Sevilla.

O programa é este: Deep Peace (de Bill Douglas); Sure On This Shining Night (Morten Lauridsen), Thankful (Mark Hayes), The Lord Bless You And Keep You (John Rutter), Be Thou My Vision (Bob Chilcott), Jubilate Deo (Peter Anglea) e A Gospel Christmas Celebration (Joel Raney).

O recital coincidirá coa estrea, no exterior, do alumado ornamental do conxunto histórico-artístico de Vistalegre.

Igrexa de San Cristóbal, no conxunto monumental de Vistalegre, Vilagarcía

Máis eventos

Ver máis eventos