Cineclube Pontevedra: 'Que pasa, doutor?', de Peter Bogdanovich
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra
Cineclube Pontevedra dedícalle un ciclo a Peter Bogdanovich (1939-2022).
'Que pasa, doutor?' é unha divertidísima comedia con aroma clásico, que toma como referente Bringing Up Baby, de Howard Hawks, e bebe da screwball comedy da época dourada de Hollywood, con Barbra Streisand e Ryan O’Neal como un dos dúos románticos máis entrañables da historia do cinema.
Catro persoas con maletas idénticas coinciden no mesmo andar dun hotel de San Francisco. Unha delas pertence a Howard Bannister, un mozo serio, tímido e despistado, que asiste a unha convención de musicólogos para optar a unha bolsa de investigación. Outra é de Judy Maxwell, unha moza vitalista e atoleirada coa que Howard vivirá as situacións máis disparatadas. Aínda hai outras dúas maletas en circulación, e algunhas persoas interesadas no seu contido.
Teatro Principal de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosCafé Moderno Afundación Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra